Planeta Mincha é o nome dun universo fantástico ao que o ilustrador Manel Cráneo dotou da súa propia cartografía, especies, linguas, alfabetos e músicas e a partir do que foi desenvolvendo diferentes produtos, como Destino Hërgüss, a novela gráfica que estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación toman como fonte de inspiración para deseñar proxectos de videoxogos.
06/10/2021