As súas mans manexan coa mesma destreza fíos de cores, unha tesoira ou un pincel. Os seus dedos acarician con similar mimo unha lanzadeira, un anaco de xiz ou un guecho de pelo. Anna Champeney, JJ Boullosa, Guy Pranzili e Silvia Fervenza, son quen, a pesares do diferente das actividades ás que se dedican, de transmitir a través dos útiles de traballo que sosteñen nas súas mans a devoción que profesan polos seus traballos. Con profesións moi distintas, aínda que co nexo común da actividade artesanal, a deseñadora e creadora de tecidos de fibras naturais, Anna Champeney; o xastre JJ Boullosa e o perruqueiro e a estilista, Guy Pranzili e Silvia Fervenza, comparten este ano a tarefa de transmitir os segredos da súa arte ao alumnado de Esdemga.
19/11/2013