“Cando a tormenta chega ao seu punto máis álxido, hai quen constrúe refuxios para poñerse a salvo, mentres, algún que outro valente opta por construír muíños de vento”. Así comezou José Ángel Tellería, da consultora pontevedresa Estratexia+, unha conferencia sobre emprendemento, facendo súas as verbas de Clauss Möller, fundador dunha das empresas de consultaría máis importantes do mundo como é TMI Word. A sensibilización e a difusión da cultura emprendedora para impulsar así a creación de empresas e, por conseguinte, fomentar o auto emprego foi o principal obxectivo desta xornada formativa.
05/11/2013