O mundo da arte non é soamente creación, tamén implica investigación, reflexión, pensamento e meditación. Con esta finalidade de mostrar esa faciana do eido artístico xorde o ciclo de conferencias sobre investigación artística, organizadas polos profesores Lola Dopico e Juan Carlos Meana, decano de Belas Artes ao abeiro do Máster en Arte Contemporáneo, Creación e Investigación. A inauguración das xornadas correu a cargo do filósofo e crítico Ignacio Castro Rey, que partindo da suposición de que hai “un algo” antes do desenvolvemento de todas as linguaxes, falou dunhas imaxes “milagrosas, instantes insignificantes que paran o tempo”.
23/02/2011