Temas tan variados como son o impacto económico do rallie de Ourense, a figura de Pep Guardiola, a organización dos xogos olímpicos de Pekín e o mundial de fútbol de Sudáfrica serán os protagonistas do curso de extensión universitaria Deporte, empresa e sociedade: impacto económico-turístico dos eventos deportivos, que os vindeiros 27, 28 e 29 de outubro se desenvolverá na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. “O que destaca nesta edición é a alto nivel dos dezaseis convidados cos que contaremos”, explica o profesor Patricio Sánchez, director do curso, que engade que “a relación de poñentes é salientable, tanto pola súa calidade como pola cantidade e a variedade”.
22/10/2010