O vindeiro curso, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra abrirá as portas, por terceiro ano consecutivo, da Casa Inglesa, unha iniciativa que busca promover a inmersión lingüística do alumnado a través da convivencia cunha persoa nativa dun país anglosaxón. Farao ademais, por partida tripla, dado o ao incremento da demanda deste programa, que ofrece ao estudantado o alugueiro dun cuarto a un prezo accesible nun piso no que o inglés é a lingua oficial. Serán un total de once, fronte os catro do pasado curso, os estudantes que desta volta participen neste proxecto, o que obriga a ampliar as dimensións da Casa Inglesa dun único piso a tres vivendas.
12/08/2014