Logo dos nervios do primeiro día, máis de 800 alumnos dos diferentes institutos de Educación Secundaria da provincia de Pontevedra enfróntanse, na segunda xornada de selectividade, aos exames das materias optativas que dan contido a cada especialidade. Deste xeito, rapaces de 12 centros da cidade desprazáronse ata a Facultade de Ciencias Socias e da Comunicación e á Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal do campus para presentarse ás probas de Matemáticas e Física, para os da rama de Ciencias da Saúde e Científico Tecnolóxica, de Latín para a de Humanidades e de Xeografía para os de Ciencias Sociais. Durante a tarde continúan os exames de Debuxo Técnico, Electrotecnia, Mecánica, Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, Tecnoloxía Industrial ou Grego, entre outras, segundo a modalidade de cada un.
19/06/2008