Desde o inicio do seu deseño a última reforma educativa do goberno suscitou o rexeitamento frontal de amplos sectores da poboación. Coa lei LOMCE xa aprobada, a comunidade educativa prepárase para unha gran folga xeral na que alumnado, docentes e demais afectados pola súa aplicación están chamados a amosar a súa desconformidade ante esta reforma. No campus de Ourense, como noutros centros galegos e estatais, a mobilización adiantouse varios días e xa está en pleno rebulir cun amplo programa de actividades. “Ante a gravidade da situación, non chega con manifestarse un día, vímolo facendo desde hai tempo, farémolo estes días e continuaremos despois da manifestación do 24”, destacou Serxio Souto en representación dos estudantes que traballa na organización destas accións.
22/10/2013