Tras amosar con éxito as súas obras no Centro de Arte Novo de Madrid, oito artistas formados na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, regresan a casa coa exposición Lancôme con Grelos que permanecerá no centro educativo ao longo do mes de xaneiro. Trátase dun conxunto de receitas artísticas que representan as tendencias e os intereses xerais que se están a desenvolver na arte actual xurdida en Galicia. Unha arte que, como é obvio, está en relación coas inclinacións que se están cociñando no panorama internacional. De aí nace o nome de Lancôme con Grelos, como unha expresión de esa mestura de tendencias, de orixes, de linguas, de sabores, de cheiros, ...
09/01/2008