A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación está de estrea coa celebración, desde hoxe, das Xornadas da Comunicación que, na súa primeira edición, tratan como tema principal as novas ideas e tendencias do sector. De feito, este foi o eixe do relatorio inaugural que impartiu Xavier Caparrós, director creativo interactivo da axencia Double You, especializada en medios dixitais. “Estamos entrando nunha nova fase da comunicación, estamos nun novo escenario que é o da publicidade dixital. E ante esta situación as marcas teñen que saber mudar a súa linguaxe cara ás novas tecnoloxías”, explicou o creativo.
12/12/2007