Con motivo da conmemoración do Día Mundial de Loita contra o VIH/SIDA, no Campus de Pontevedra, distribuíronse, entre os membros da comunidade universitaria, 3.000 preservativos e 2.500 folletos con información sobre en que consiste o VIH/SIDA, vías de transmisión e recursos existentes sobre o mesmo. Entre outras actividades e, dentro da xornada de sensibilización Como non se transmite o SIDA, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e na de Ciencias Sociais e da Comunicación, ubicáronse mesas informativas nas que se repartiu o material informativo e preventivo.
30/11/2007