Cerca de 1500 mozos participarán na sétima edición das Xornadas Universitarias de Emprego de Galicia e Norte de Portugal, Forumemprego 2008, que se desenvolverán nos tres campus da Universidade dende o 18 ata o 22 de febreiro. Esta iniciativa pretende ofrecer aos titulados universitarios un achegamento aos novos retos laborais como a mobilidade internacional, os recursos para a empregabilidade ou os procesos de selección. Para este ano presentouse como novidade a incorporación do campus de Pontevedra no programa de actividades. Tal e como explicou o seu vicerreitor, Jesús Hernández, “con motivo da descentralización dos campus e respondendo ao afán da Universidade de que os estudantes estean cada vez máis cerca das empresas, propúxose a participación de Pontevedra nesta iniciativa”, comentou na presentación. O evento contou tamén coa preseza do vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, o director xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Pastor Fuenteseca e a conselleira Eures da Universidade, Emilia Seoane.
24/01/2008