Con obras nas que a escenografía correu a cargo de artistas como Malevich, Leon Bakst ou Picasso, as vangardas fixeron do teatro, a comezos do pasado século, “unha disciplina de grande importancia para o desenvolvemento da plástica e un espazo de confrontación e absorción das diferentes ramas artísticas”, como conclúe a investigadora Blanca González. Co propósito de afondar en como se trasladan á plástica, dentro do teatro de vangardas, unha serie de “espazos de evasión” que se foron configurando ao longo do século XIX, González Crespán analizou para a súa tese de doutoramento a escenografía de cinco obras teatrais.
29/07/2016