Entre os anos 2015 e 2016, investigadores da Facultade de Ciencias campus de Ourense buscaron, coa colaboración de investigadores doutras universidades, puntos de contacto entre a óptica non lineal e a dinámica gravitacional, en especial a formación de furados negros. Os “sorprendentes” resultados obtidos, sinalan, “amosaron como os colapsos diferidos, un descubrimento recente no estudo dos espazos de Anti de Sitter acoplados a materia escalar, teñen unha nítida contrapartida na dinámica da ecuación de Schrodinger non Lineal, un formalismo básico da óptica non lineal”. A analoxía, recalcan, “é certamente notable e obtense tras cálculos numéricos computacionalmente custosos”, apunta o físico Ángel Paredes, investigador principal do proxecto, que conta con financiamento estatal.
23/01/2017