Poñer en común dous mundos “ás veces máis separados do que deberían” constitúe, como sinala o director da Fundación CEER, Rubén Lois, o propósito central do curso A xeopolítica ibérica na gobernanza global: España e Portugal no mundo, que, con máis de 50 inscritos, reúne nas xornadas na Casa das Campás a expertos dos ámbitos da seguridade, a defensa, as relacións internacionais e a ciencia política. Non en van, o obxectivo deste foro promovido pola Fundación CEER e o IEEE, coa colaboración da Vicerreitoría do campus, é afondar nas relacións entre España e Portugal en materia de seguridade e defensa.
28/11/2016