Un dos principais problemas que afectan aos ecosistemas fluviais é a eutrofización, a chegada ás augas dun exceso de nutrientes que provocan a proliferación de algas tóxicas como as cianobacterias. Estudar as posibles medidas que permitirían mitigar os efectos deste proceso, así como erradicalos a longo prazo, son o eixo da investigación que a investigadora da EE Forestal Xana Álvarez realizou para a súa tese de doutoramento. Neste estudo, propón dotar ao encoro dun circuíto anexo no que empregar a electrofloculación, a aplicación dunha serie de correntes eléctricas ás augas, como método para extraer delas estas microalgas, como unha das solucións para a problemática que afecta a presas como o da Baxe, en Caldas de Reis, na que se centra o estudo e que en determinadas épocas do ano “adquire esa cor verdosa tan característica, xerando unha alarma social".
14/07/2016