Comunicación, cine, teatro,moda, música, danza, exposicións, cursos de formación… unha chea de propostas coas que enriquecer a actividade diaria da cidadanía pontevedresa. A programación de primavera do campus, presentada este venres pola vicerreitora Antonia Blanco e por Ana Belén Fernández, directora da Área de Extensión Cultural e Estudantes, “volve a responder a ese obxectivo principal da Universidade de promover un espazo de cultura e lecer”, apuntou a vicerreitora. As actividades, “cun enfoque máis lúdico e festivo que a proposta de outono, máis formativa”, son totalmente gratuítas e abertas a todo o público en xeral.
04/03/2011