O deseño galego está de moda e así se confirmou fai apenas dez días cando, sete alumnas da Escola de Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga), presentaron as súas coleccións ante os ollos dos mellores e máis importantes profesionais do eido da moda en España, no Ego de Pasarela Cibeles. Cando se lles pregunta pola experiencia a reposta é clara, “compartíamos escenario con xente que leva moitos anos neste mundo e os nosos deseños estaban ao mesmo nivel ou incluso eran superiores”, comentou Amai Rodríguez, unha das alumnas da primeira promoción que participou no desfile. Con este xa son moitos os logros que leva acadado Esdemga con tan poucos anos de existencia e consolidándose, deste xeito, como a escola de deseño e moda referente en Galicia e que pouco a pouco estase facendo un oco entre as principais a nivel nacional.
11/02/2008