A Escola Superior de Deseño Téxtil e Moda de Galicia, Esdemga, continuará na súa liña habitual de traballo cara a proporcionar aos seus alumnos as mellores saídas profesionais e facilitar a súa rápida inserción no mercado laboral. Así o explicou a directora do centro, Lola Dopico, na reunión da comisión de seguimento da titulación, na que estiveron presentes o vicerreitor do campus de Pontevedra, Jesús Hernández, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e representantes da Cámara de Comercio, da Deputación e da Asociación Téxtil de Galicia, Lola Dopico subliñou que “máis do 70% dos graduados en Deseño Téxtil e Moda xa asinaron o seu primeiro contrato de traballo”, afirmou a encargada de Esdemga. Ademais, Dopico lembrou aos asistentes que “no que levamos de ano a escola asinou preto de 30 convenios con empresas do sector para que os estudantes realicen prácticas laborais”.
15/05/2008