Ter bo oído musical e afección polo canto son os únicos requisitos que se necesitan para pertencer ao recentemente constituído Coro Universitario de Ourense. Despois de que a actividade se ofertara durante tres anos como un obradoiro, o Consello de Goberno vén de aprobar os seus estatutos, polo que o campus xa conta, oficialmente, coa súa propia coral. Nela, Xavier Álvarez, o seu director, pretende integrar non só as voces dos membros da comunidade universitaria, senón tamén de toda a cidadanía. Por isto, invita a todos aqueles que desexen participar a perder o medo e acudir a un dos ensaios que dúas veces por semana teñen lugar no Edificio de Ferro, xa que durante todo o mes de outubro acollerán a novos compoñentes.
14/10/2008