DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Os de Xulio González venceron 84-69

O Campus gañou e dominou ao Foz

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 29/10/2007

O Campus de Ourense masculino venceu ao Foz na pasada xornada por 84 a 69. Os de Xulio González xogaban na casa e tras superar un primeiro cuarto bastante igualado foron facéndose co encontro. Pese á baixa por motivos persoais de David Conde, a superioridade foi bastante evidente cunha vantaxe continua a partir do segundo cuarto de entre 10 e 20 puntos.
Tras esta victoria o equipo ourensán afrontará esta semana, unha dobre xornada. O xoves recuperarase o partido aprazado contra o Peleteiro en Santiago ás 18:00 horas mentres que o sábado pola tarde disputarase o encontro correspondente ante o Vilalba no pavillón universitario.
O adestrador Xulio González apunta que os seus rivais “non son superiores e poden ser asequíbels se enfrontamos os encontros concentrados e ao 100%”. Así o equipo, que milita na primeira nacional pode recuperar en só uns días o terreo perdido nun mal comezo de tempada.