DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Campus do Mar premia a imaxinación dos seus seguidores na web

Este martes entregáronse os premios aos gañadores dos concursos “ollos e sons do mar”

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
D. Besadío DUVI 08/02/2011
Como “un cariño para todos os que nos apoiastes”, así se dirixiu o reitor aos gañadores do concurso Eu Campus do Mar, unha iniciativa na que se rexistraron máis de 2500 usuarios “con todas as gañas e ilusión de que o proxecto fose adiante”, tal e como subliñou Nuria Trigo, técnica de laboratorio na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla e gañadora do IPad que se sorteu entre todos os participantes. “Foi todo unha sorpresa”, admitiu tras recibir o regalo de mans de Salustiano Mato, “era unha iniciativa que coñecía ben polo meu traballo e que non podía deixar de apoiar”, sinalou, ao tempo que subliñou que a consecución do selo de excelencia “vai axudar moito a Vigo a abrir portas en investigación”.

Ollos do mar na praia das Catedrais

Tamén buscando a implicación da sociedade co proxecto Campus de Mar lanzouse o concurso ollos do mar no que máis de 300 persoas se animaron a enviar fotografías, imaxes de todo tipo nas que se podía contemplar dende a xélida Antártida ou as paradisíacas imaxes do Caribe ata os máis recónditos e encantadores paisaxes da costa galega. Ao final unha imaxe en branco e negro da praia das Catedrais na Mariña luguesa foi a máis votada na web e o seu autor Álex Cristian Carausan o gañador da cámara Reflex dixital. “Toda unha sorte porque levaba moito tempo aforrando para unha e agora por fin a teño”, subliñou o mozo ourensán. Estudante de 2º de bacharelato e “agardo que o ano que ven alumno do grao en Comunicación Audiovisual” non puido acudir a recoller o premio, “pero espero con el con toda a ilusión”.
E si se pode explicar o que é o mar a través de imaxes, como non facelo a través de sons, e así o xurdiu Sons do Mar, o outro concurso da campaña e que nesta caso gañaron Irene Ferreiros, Fernando de Dompablo y Cíes Garcés que hoxe recolleron sendos Ipod Nano.