DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O partido terá lugar ás 18:30 do domingo contra o Básquet Coruña

O Campus Universitario mídese ao Básquet Coruña nun encontro complicado

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 16/11/2007

Tralos últimos malos resultados, o Campus de Ourense masculino necesita unha victoria para saír da parte baixa da clasificación. Na novena xornada descenderon ata o décimo terceiro posto da táboa ao caer contra o La Salle por 63-74, na que foi a sétima derrota da tempada.
Este domingo enfróntanse ao Básquet Coruña ás 18.30 fóra da casa no que se presenta un encontro difícil. En palabras do adestrador “tentaremos capear o temporal como poidamos pero é complicado, porque é un equipo dos primeiros na liga e nós estamos moi poucos, esperemos que non se lesione ningún”..
Os do Campus encaran o partido coas baixas de Javi Vaca e Pablo Fernández e ademais non poderán contar coa presencia dos xogadores do equipo júnior, por xogar o mesmo día.