DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Cunha positiva valoración dos organizadores

Chegan ao seu fin as I Xornadas de Medio Ambiente

Etiquetas
  • Ourense
  • Académica
Marta Casanova DUVI 26/10/2007

Positiva valoración, realizan os organizadores das I Xornadas de Medioambiente e Dereito Ambiental que comezaron o pasado luns, prolongándose ata este venres.José Antonio Pérez, responsable da Asociación Medioambiental Universitaria, Syme, encargada da organización, fai unha valoración moi positiva, destacando sobre todo "a elevada participación. Con 520 matriculados e cunha asistencia media de case a súa totalidade é unha das xornadas máis numerosas en asistencia na historia da Universidade de Vigo”. Foi precisamente o numeroso público o que máis chamou a atención dos ponentes, incluso dos acostumados a dar conferencias a nivel nacional coma Enrique Segovia, Director de Conservación de WWF/Adena ou do mesmo conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez que tamén destacaron a capacidade organizativa de Syme.
Os propios membros da Asociación foron os primeiros sorprendidos da resposta dos estudantes, xa que superaron con creces todas as previsións. Así a valoración que fan é “moi positiva. Tanto a nivel de ponencias, que foron moi boas, coma de asistencia”.

Posibles próximas edicións

Debido ao éxito obtivo, a organización esperan repetir experiencia nos vindeiros anos. O obxectivo é aunar todas as facultades do campus en torno ao medio ambiente coma nesta edición se fixo con Dereito, Ao longo destes cinco días, debatéronse no edificio politécnico temas coma os espazos protexidos, a importancia de medio ambiente, a agricultura ecolóxica, o desenvolvemento sostible, a xestión dos recursos e dos residuos ou o dereito penal ambiental.