DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A asociación ESN Vigo organizou por primeira vez un flashmob

A choiva non desmotiva ao alumnado a participar en Vigo nunha auténtica ‘guerra de almofadas’

Etiquetas
  • Vigo
  • Estudantes
DUVI 12/04/2012
Unha auténtica guerra de almofadas, isto foi o que se viviu onte pola noite na Praza da Independencia. Pese á choiva, o flasmob que levaba días circulando nas redes sociais, sobre todo en Facebook, Twitter y Google+, foi todo un éxito. Coa participación de medio cento de mozos e mozas, ao encontro achegáronse numerosos estudantes de intercambio, algo do que se encargou ESN Vigo, unha asociación composta por estudantes da Universidade que utilizan o seu tempo libre para facer de anfitrións cos arredor de cincocentos estudantes internacionais que cada curso chegan aos tres campus da Universidade.

Tras a ‘guerra’ chega a calma, e con ela novas actividades organizadas desde ESN Vigo. Mañá venres un grupo de 35 estudantes partirán cara Lisboa nunha excursión que se estenderá ata o domingo pola noite. A próxima cita será o 30 de abril e nesta ocasión o destino da viaxe será a illa de Ibiza.