Os novos licenciados da Facultade de Historia pechan os actos de graduación do campus
Cinco anos de historia que rematan
Os alumnos do Máster de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente tamén celebraron a fin dos seus estu
Xuño está sendo o mes dos actos de graduación. Unha a unha as promocións das diferentes titulacións que se imparten no campus de Ourense veñen celebrando durante as últimas semanas a fin dos seus estudos académicos e o inicio dunha nova etapa. Este venres, e como peche a todos eles, tocoulle a quenda aos egresados da Licenciatura de Historia, 13 novos profesionais deste eido que celebraron con compañeiros e familia o remate dos seus estudos. Non foron os únicos, os alumnos do Máster de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente tamén festexaron a súa graduación.
O acto de Historia tivo lugar no Edificio de Ferro e contou coa participación de María Lameiras, vicerreitora do campus de Ourense; Milagros Cavada, decana da Facultade de Historia; e os historiadores Carlos Sixirei e Isolina Rionegro, padriño e madriña de promoción respectivamente. A decana do centro quixo salientar que os alumnos que participaron non acto de graduación “son unha representación significativa da promoción que erades” e desexoulles todo o éxito na nova etapa que inician, pois “agora é cando empeza o traballo de verdade”.
Os padriños de promoción deron tamén unhas emocionadas palabras aos novos licenciados. Carlos Sixirei quixo transmitirlles a idea de que “vivimos tempos difíciles, de crise non só económica senón tamén de valores” e neste contexto “se non coñecemos o noso pasado dificilmente poderemos comprender o presente e prever o futuro. Non hai pobo que sen as súas raíces poida camiñar cara o futuro”, advertiulles aos egresados para que fosen conscientes do papel que lles toca representar na sociedade. Por este motivo, Isolina Rionegro animoulles a enfrontar “o comezo desta nova etapa, que vai ser diferente pero para a que estades ben preparados”.
Os novos licenciados foron recollendo un a un as súas bandas coa ilusión de celebrar o obxectivo cumprido. Como palabra para resumir os cinco anos de estudos, Xoel Díaz e Patricia Valle, en representación da promoción, salientaron que foi unha etapa “excelente”. Pero “isto é historia, que vos vaia bonito”, remataron por desexarlle aos seus compañeiros de fatigas.
Durante a súa intervención, Acevedo destacou que se trata da cuarta promoción dun mestrado con moita demanda polo seu carácter profesionalizante, pola calidade da formación que ofrece e porque os profesionais especializados en dereito urbanísticos e medio ambientes están moi demandados polo mercado. Tamén agradeceu ao Concello de Ourense e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o seu patrocinio e amosou o seu desexo de que estes estudos teñan continuidade nunha nova edición.
María Lameiras, Miguel Michinel e o vicepresidente do Consello Social da Universidade de Vigo quixeron pola súa banda felicitar aos alumnos, docentes e responsables do Máster de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente polo traballo realizado. Uns parabéns compartidos polo alcalde de Ourense, que destacou que este mestrado “sitúa a Ourense como referente en dereito urbanístico e de medio ambiente en Galicia”.
O acto de Historia tivo lugar no Edificio de Ferro e contou coa participación de María Lameiras, vicerreitora do campus de Ourense; Milagros Cavada, decana da Facultade de Historia; e os historiadores Carlos Sixirei e Isolina Rionegro, padriño e madriña de promoción respectivamente. A decana do centro quixo salientar que os alumnos que participaron non acto de graduación “son unha representación significativa da promoción que erades” e desexoulles todo o éxito na nova etapa que inician, pois “agora é cando empeza o traballo de verdade”.
Humanismo e futuro
Pola súa banda, a vicerreitora do campus destacou durante a súa intervención a importancia da educación e a reflexión humanista na sociedade actual e animou aos novos egresados a “transmitir o testemuño do necesario desenvolvemento do pensamento crítico”. María Lameiras tamén tivo unhas palabras especiais para os familiares presentes, “espectadores privilexiados pero tamén sufridores e alentadores destes cinco anos de traballo que hoxe culminan”.Os padriños de promoción deron tamén unhas emocionadas palabras aos novos licenciados. Carlos Sixirei quixo transmitirlles a idea de que “vivimos tempos difíciles, de crise non só económica senón tamén de valores” e neste contexto “se non coñecemos o noso pasado dificilmente poderemos comprender o presente e prever o futuro. Non hai pobo que sen as súas raíces poida camiñar cara o futuro”, advertiulles aos egresados para que fosen conscientes do papel que lles toca representar na sociedade. Por este motivo, Isolina Rionegro animoulles a enfrontar “o comezo desta nova etapa, que vai ser diferente pero para a que estades ben preparados”.
Os novos licenciados foron recollendo un a un as súas bandas coa ilusión de celebrar o obxectivo cumprido. Como palabra para resumir os cinco anos de estudos, Xoel Díaz e Patricia Valle, en representación da promoción, salientaron que foi unha etapa “excelente”. Pero “isto é historia, que vos vaia bonito”, remataron por desexarlle aos seus compañeiros de fatigas.
Graduación en Dereito
Tamén celebraron este venres o seu acto de graduación os estudantes do Máster de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente. O acto tivo lugar na aula magna da Facultade de Dereito e contou coa participación de María Lameiras, vicerreitora do campus de Ourense; Rafael Fernández Acevedo, coordinador do máster; Miguel Ángel Michinel, decano da Facultade de Dereito; Francisco Rodríguez, vicepresidente do Consello Social da Universidade de Vigo, e Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense.Durante a súa intervención, Acevedo destacou que se trata da cuarta promoción dun mestrado con moita demanda polo seu carácter profesionalizante, pola calidade da formación que ofrece e porque os profesionais especializados en dereito urbanísticos e medio ambientes están moi demandados polo mercado. Tamén agradeceu ao Concello de Ourense e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o seu patrocinio e amosou o seu desexo de que estes estudos teñan continuidade nunha nova edición.