DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Comeza o ciclo de conferencias "GALPon 2007 na UVigo"

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
DUVI DUVI 17/10/2007

Ao longo dos meses de outubro e novembro o campus vigués acollerá un programa de relatorios organizado polo Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra. O ciclo de conferencias e obradoiros “GALPon 2007 na UVigo” comprenderá máis de 30 horas repartidas dende este xoves 18 de outubro e ata o vindeiro 6 de novembro. Entre os contidos afondarase en temas como a sinatura dixital, o Media Center feito con GNU/Linux, os escritorios lixeiros para recuperar computadoras obsoletas, Home Station para ter na casa, seguridade en redes WiFi ou mesmo o desenvolvemento en PHP con patTemplate.
Aínda que as conferencias son gratuítas e de libre acceso, dende a organización sublíñase a conveniencia de levar un ordenador portátil cunha distribución de GNU/Linux instalada.
Estes xoves e venres 18 e 19 de outubro terá lugar un primeiro obradoiro sobre Media Center con Software Libre. De 16 a 19 horas ámbolos dous días, as actividades desenvolveranse na aula T215 da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións dirixidas por Bruno Seoane. A vindeira semana, o luns e o martes estarán dedicadas aos escritorios lixeiros.

Programa completo do ciclo de conferencias obradoiro “GALPon 2007 na UVigo”.