DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Hoxe remata o prazo de presentación de solicitudes

Convocadas 13 bolsas de árbitros e unha de colaborador en roteiros culturais

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
DUVI 09/11/2007
DUVI | Ourense
Este venres remata o prazo de presentación de solicitudes para a nova convocatoria de bolsas deportivas no campus de Ourense.
En total son 13 bolsas de árbitros para as modalidades de fútbol 7, fútbol sala e baloncesto, e unha bolsa de colaborador de roteiros culturais.

As bolsas en detalle

O obxecto das bolsas deportivas para árbitros é colaborar co Servizo de Deportes no desenvolvemento das ligas e torneos universitarios, nas súas distintas modalidades, ocupándose das tarefas de arbitraxe das mesmas. Os solicitantes que recibirán bolsas cunha contía que oscila entre os 300 e 400 euros, deben estar matriculados en calquera escola ou facultade da Universidade de Vigo, ou ben ser alumno de terceiro ciclo. currículo en materia deportiva, posesión de licenza de árbitro, colaboracións anteriores co Servizo de Deportes e nivel de renda familiar, serán os criterios a considerar pola comisión de valoración.
No caso da bolsa de coloborador de roteiros culturais, os demandantes deberá estar matriculados na Facultade de Ciencias, sendo a contía da axuda 1.050 euros. O bolseiro deberá colaborar na preparación e elaboración do material necesario para o desenvolvemento da actividade Roteiros Culturais pola provincia de Ourense que ten a finalidade de aproximar aos participantes ao coñecemento da paisaxe e historia da provincia.

Máis información na páxina web do Servizo de Deportes: http://deportes.uvigo.es/