DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha nova xornada da Miteu

Cordelia trae ao campus os conflitos sociais da época lorquiana

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
Jessica Fdez. DUVI 12/04/2011
Chegados dende a cidade termal, o grupo de teatro Cordelia, nivel 2 da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, mostrou este martes no Teatro Vidal Bolaño a súa obra Bernarda: represión ou liberdade, incluída na programación da Mostra Internacional de Teatro Universitario.

Morte, conflito e represión dunha banda e, paixón, amor e liberdade da outra, son os termos que definen a dramaturxia de Elena Seijo e Fina Calleja, inspirada no drama lorquiano La Casa de Bernarda Alba que, cun grande elenco de profesionais mozos, lograron emocionar a un público entregado.

Dominada polas convencións e presións sociais do momento, Bernarda, a protagonista da obra, non só impón oito anos de loito as súas fillas Angustias e Adela tras a morte do seu marido, senón que coarta a súas liberdades decidindo incluso con quén debe casar cada unha, levando os personaxes ata a desesperación.


O mércores, Hagamos un trato

Tras o éxito de Cordelia, a Miteu prosegue este mércores ás 18.30 horas cunha obra titulada Hagamos un trato, do grupo de teatro da Universidade Pública de Navarra. A obra, extraída dos poemas, contos e novelas de Mario Benedetti tratará sobre o amor, o exilio e a morriña.
Xa o xoves visitaráo campus a Aula de Teatro da Universidade de Zaragoza co espectáculo Los españoles bajo tierra para deixar paso, tras Semana Santa, as aulas de teatro das universidades galegas.