DUVI

Diario da Universidade de Vigo

"Deporte e Turismo", teoría e práctica nun curso de extensión

Inclúe a visita a exposicións sobre o Ano Xubilar en Celanova

Etiquetas
  • Ourense
  • Académica
DUVI DUVI 26/10/2007

O Mosteiro de San Rosendo de Celanova e a Facultade de Empresariais e Turismo da acolle desde hoxe aos participantes no curso de extensión universitaria “Deporte, Empresa e Sociedade: Deporte e Turismo. Sectores económicos en auxe”, que se prolongará ata o 31 de outubro. O obxectivo é mostrar aos alumnos a vertente empresarial e económica da actividade deportiva e turística, incidindo nos seus aspectos solidarios e comprendendo a súa importancia a nivel económico. Obterán, así, unha visión da xestión empresarial dos recursos, xa sexan públicos ou privados, investidos en instalacións deportivo-turísticas.
Estas xornadas ofrecerán ós alumnos contidos teóricos que abranguen ámbitos que van dende a realidade deportiva dos clubs ata a planificación e promoción, contando para elo con relatores procedentes tanto do mundo profesional, como académico, representado por profesores das universidades de Vigo, Oviedo, Valencia e Politécnica de Madrid, entre outras institucións. A modo de complemento da formación haberá unha parte práctica na que os asistentes realizarán unha visita guiada ás dúas exposicións sobre o Ano Xubilar de Celanova, e distintas actividades deportivas turísticas de aventura. Nos casos en que proceda, estes estudos será validables por dous créditos de libre configuración.