O vindeiro curso impartiranse Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables e Consultaría de Softwa
Enxeñaría Informática presenta a súa oferta de mestrados
O centro consolídase na formación nestes dous eidos
Na recta final deste curso académico, os centros comezan xa a quecer motores para preparar o vindeiro. Cunha oferta académica consolidada, é o momento de amosar aos universitarios as posibilidades que teñen de continuar estudando e aos xa egresados as posibilidades que teñen de volver a formarse nas aulas universitarias. Con este obxectivo, a Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense vén de presentar a súa oferta académica de mestrado para o vindeiro curso académico, no que se impartirán o Máster en Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables e o Máster en Consultaría de Software Libre.
O acto de presentación, que se celebrou este mércores, estivo a cargo dos responsables dos dous títulos que ofrecerá este centro no curso 2011/2012. Trátase de Enrique Barreiro, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense e coordinador do Máster Universitario en Consultaría de Software Libre, e Juan Carlos González, responsable do Máster en Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables.
Para dar resposta a esta demanda, a Escola Superior de Enxeñaría Informática creou no curso 2008/2009 o Máster Universitario en Consultaría de Software Libre, dun ano de duración e de carácter semipresencial co obxectivo de que poida ser cursado tamén por profesionais e non só como continuidade de estudos. “Está especialmente dirixido a Enxeñeiros Informáticos e Enxeñeiros Técnicos en Informática que queiran profundar nas últimas tecnoloxías do software libre así como coñecer como se poden pór en marcha modelos de negocio baseados na consultaría, desenvolvemento e implantación de aplicacións de software libre”, salienta o director da escola. Este estudo de posgrao conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta, a Fundación da Confederación Empresarial de Ourense e as empresas Redegal e IdeIT.
Os dous máster contaron o curso que remata agora con arredor de 25 estudantes cada un, unha cifra que agardan cando menos repetir este ano e na que destaca unha pequena pero incipiente presenza de alumnado estranxeiro, principalmente latinoamericano. Tanto para eles coma para o resto de estudantes o centro fai fincapé en aproveitar todas as posibilidades de axudas económicas que teñen á súa disposición para continuar estudos ou volver ás aulas de novo.
O acto de presentación, que se celebrou este mércores, estivo a cargo dos responsables dos dous títulos que ofrecerá este centro no curso 2011/2012. Trátase de Enrique Barreiro, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense e coordinador do Máster Universitario en Consultaría de Software Libre, e Juan Carlos González, responsable do Máster en Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables.
Tecnoloxía e negocio
“A escola é un centro innovador, permanentemente preocupado por mellorar a calidade da súa docencia e a súa investigación e de dar resposta aos cambios e necesidades que no ámbito das tecnoloxías da información ten a sociedade e a empresa”, salienta Barreiro. Neste contexto, explica, nos últimos años estase a producir un crecente interese polo desenvolvemento e implantación de solucións de software libre no ámbito empresarial.Para dar resposta a esta demanda, a Escola Superior de Enxeñaría Informática creou no curso 2008/2009 o Máster Universitario en Consultaría de Software Libre, dun ano de duración e de carácter semipresencial co obxectivo de que poida ser cursado tamén por profesionais e non só como continuidade de estudos. “Está especialmente dirixido a Enxeñeiros Informáticos e Enxeñeiros Técnicos en Informática que queiran profundar nas últimas tecnoloxías do software libre así como coñecer como se poden pór en marcha modelos de negocio baseados na consultaría, desenvolvemento e implantación de aplicacións de software libre”, salienta o director da escola. Este estudo de posgrao conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta, a Fundación da Confederación Empresarial de Ourense e as empresas Redegal e IdeIT.
Calidade
A outra opción de mestrado que ofrece a Escola Superior de Enxeñaría Informática é o Máster en Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables, nado do doutoramento co mesmo nome do centro e distinguido co selo de calidade polo Ministerio de Ciencia e Innovación. “O máster está destinado aos estudantes que teñen un título universitario na área de tecnoloxía da información e comunicacións e para quen queira obter unha boa formación profesional ou de investigación no ámbito dos Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables”, explica Juan Carlos González.Os dous máster contaron o curso que remata agora con arredor de 25 estudantes cada un, unha cifra que agardan cando menos repetir este ano e na que destaca unha pequena pero incipiente presenza de alumnado estranxeiro, principalmente latinoamericano. Tanto para eles coma para o resto de estudantes o centro fai fincapé en aproveitar todas as posibilidades de axudas económicas que teñen á súa disposición para continuar estudos ou volver ás aulas de novo.