DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Tras vencer ao Mercantil Vigo por 3-2 na final

O equipo feminino de tenis proclámase campión galego absoluto por equipos

Agora xogarán no Campionato de España de categoría B, a 2ª división do tenis

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
Mª del Carmen Echevarría DUVI 05/05/2008

Raquel Guede, Adriana López, Mónica Irrisarri, Julia Carballal, María López e Laura Comesaña, son as novas campionas galegas absolutas de tenis por equipos. Elas integran o equipo feminino de tenis Universidade de Vigo que esta fin de semana lograba o título tras vencer ao Mercantil Vigo na final do Campionato Galego por Equipos Absolutos.
O equipo adestrado por Joaquín Comesaña que e xa se proclamara subcampión o pasado ano, xogará a partir de agora o Campionato de España en categoría B, a segunda división do tenis que agrupa aos 24 primeiros equipos do país. Cara a este campionato o Comesañan fixa o obxectivo de “manterse na categoría”, para o que non descartan reforzar o equipo con algunha nova xogadora.

Dominio na fase final

Ao longo de toda a fase final do campionato que comezou o pasado 1 de maio, o equipo feminino da Universidade de Vigo mostrou a súa superioridade, vencendo en cuartos ao Sanxenxo por 3-2 e logrando o mesmo resultado no seguinte partido disputado fronte ao Casino Coruña.
Na final disputada contra o Mercantil Vigo a igualdade foi a nota dominante. O equipo da Universidade venceu no terceiro set do dobre, xa que os individuais remataron con dúas victorias para cada equipo. No dobre o equipo feminino da Universidade gañou o primeiro set con facilidade por 6-2, perdendo o segundo no tie break por 10-8. A victoria no chegaría con claridade ata o terceiro set, cando se impuxeron por 6-4.