O centro ourensán conmemorou o aniversario do seu nacemento en 1991
Unha Escola Superior de Enxeñaría Informática, 20 anos, 3000 alumnos e moito que celebrar
O acto contou tamén coa graduación de 80 novos egresados
20 anos de historia, un centro consolidado en estudos e profesorado e case 3000 alumnos formados nas súas aulas que teñen contribuído de xeito importante a mudar o panorama das novas tecnoloxías en Galicia. Con estes datos de fondo e o orgullo que significan para a Universidade de Vigo, a Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense celebrou este venres o acto de graduación de 80 alumnos de grao e posgrao e conmemorou o seu 20 aniversario. Con nostalxia e humor e rodeados de amigos, a ESEI quixo render homenaxe aos protagonistas desta historia, que comezou en 1991 cun cento de alumnos e sen computadores e que lle permitiu vivir a Ourense de primeira man a eclosión da informática e da revolucionou social e económica que supuxo e que está a supor.
“A pesares de estar nun momento crítico, a Universidade de Vigo está tendo agora os mellores resultados en prestixio da súa historia, grazas ás persoas que forman parte desta Universidade, e iso é unha evolución da que esta Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense é un bo exemplo”, salientou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, durante a súa intervención no acto de celebración. Mato lembrou a historia de esforzo do centro e quixo facer especial mención aos que foron os seus responsables nestas dúas décadas, como son Manuel Pérez, José Duranyn, Juan Francisco Gálvez e o seu actual director, Enrique Barreiro. “Estou seguro que ides ter un futuro brillante”, dixo aos novos egresados da escola e ao persoal da ESEI.
Este desexo de futuro foi compartido por Enrique Barreiro, que afirmou “sentirse orgulloso do noso pequeno anaco de historia, destes vinte anos, cos seus defectos e virtudes”. O director da ESEI fixo un repaso polas persoas e os feitos que marcaron a evolución do centro, destacando que “botar esta ollada a atrás permítenos saber de onde vimos e porque somos como somos. O futuro pode darnos medo pero o feito de saber que fomos capaces de superar estes 20 anos danos seguridade para enfrontar o futuro que veña”, destacou.
O padriño de promoción, o profesor da ESEI Francisco José Ribadas, felicitou aos asistentes porque conseguiron “completar o reto máis grande que tivestes que enfrontar ata o de agora” e animou aos egresados a dedicar tempo e esforzo para o seu desenvolvemento persoal e profesional, “pois diso se trata a vida, de loitar”. En representación destes novos graduados, Daniel Pérez fixo balance con humor e nostalxia dos anos na escola e animou ao seus compañeiros a enfrontar ese futuro con optimismo, “porque malo será que non haxa un posto de traballo para nós”.
Para tomar nota do que pode ser o seu futuro e para falar en representación das xeracións que cada ano foron saíndo das aulas deste centro, o ex alumno Carlos González, titulado da primeira promoción, foi o encargado de falar durante a conmemoración. González lembrou con sentido do humor como no primeiro ano de funcionamento da ESEI aínda non existían os sistemas operativos, nin Linux, nin Internet e como na propia escola non tiñan aínda computadores e a súa principal ferramenta de traballo era o bolígrafo. Vinte anos despois, destacou, as cousas cambiaron radicalmente, “e seguiremos evolucionando, e probablemente dentro de dez anos estaredes traballando en cousas que agora nin podedes imaxinar”, salientou.
“A pesares de estar nun momento crítico, a Universidade de Vigo está tendo agora os mellores resultados en prestixio da súa historia, grazas ás persoas que forman parte desta Universidade, e iso é unha evolución da que esta Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense é un bo exemplo”, salientou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, durante a súa intervención no acto de celebración. Mato lembrou a historia de esforzo do centro e quixo facer especial mención aos que foron os seus responsables nestas dúas décadas, como son Manuel Pérez, José Duranyn, Juan Francisco Gálvez e o seu actual director, Enrique Barreiro. “Estou seguro que ides ter un futuro brillante”, dixo aos novos egresados da escola e ao persoal da ESEI.
Este desexo de futuro foi compartido por Enrique Barreiro, que afirmou “sentirse orgulloso do noso pequeno anaco de historia, destes vinte anos, cos seus defectos e virtudes”. O director da ESEI fixo un repaso polas persoas e os feitos que marcaron a evolución do centro, destacando que “botar esta ollada a atrás permítenos saber de onde vimos e porque somos como somos. O futuro pode darnos medo pero o feito de saber que fomos capaces de superar estes 20 anos danos seguridade para enfrontar o futuro que veña”, destacou.
80 graduados
O acto comezou coa celebración do acto de graduación de 80 alumnos do curso 2010/2011 das catro titulacións do centro, como son Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión; Enxeñaría en Informática; o Máster en Consultaría de Software Libre e o Máster en Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables. Os graduados recibiron un a un os seus diplomas e os novos doutores Ángel Dacal, David Ramos e Miguel Reboiro recibiron unha insignia de mans das autoridades presentes. Ademais, entregáronse os premios extraordinarios fin de carreira a Iván García e Daniel Fernández. Todo elo ante a atenta ollada dos numerosos familiares, amigos, docentes e autoridades presentes, entre os que estaban Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense; Camilo Ocampo, subdelegado do Goberno en Ourense; Ricardo Capilla, director xeral de I+D+i, e diversos representantes do Concello de Ourense.O padriño de promoción, o profesor da ESEI Francisco José Ribadas, felicitou aos asistentes porque conseguiron “completar o reto máis grande que tivestes que enfrontar ata o de agora” e animou aos egresados a dedicar tempo e esforzo para o seu desenvolvemento persoal e profesional, “pois diso se trata a vida, de loitar”. En representación destes novos graduados, Daniel Pérez fixo balance con humor e nostalxia dos anos na escola e animou ao seus compañeiros a enfrontar ese futuro con optimismo, “porque malo será que non haxa un posto de traballo para nós”.