DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O equipo vigués perdeu 21 a 16 ante o subcampión da pasada temporada

A inferioridade numérica, determinante na derrota do Universidade Iveco ante o Ampo Ordicia

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
DUVI 19/09/2011
O Universidade de Vigo Iveco acumula a segunda derrota no seu recentemente inaugurado periplo na máxima categoría do rugby nacional. Desta volta o equipo vigués perdeu 21 a 16 fronte ao Ampo Ordizia, subcampión da pasada campaña, nun partido no que resultou determinante a actuación arbitral coas expulsións temporais ao inicio da segunda parte de varios xogadores.

Os vigueses foron quen de plantar cara ao rival durante case todo o encontro e foi ao principio da segunda parte cando o Universidade Iveco puxérase 11 a 16 que chegaron as expulsións temporais de Berlande, Gainzarain e Katsakos por accións rigorosas que a colexiada do encontro considerou perigosas. Durante 10 minutos o Universidade xogou con 12 homes o que sumado á exclusión de Adrián González fixo que o equipo vigués estivese en inferioridade numérica máis de 20 minutos.
Malia da derrota o Universidade acumulou un novo punto bonus ao perder por menos de 8 puntos, algo que xa sucedera no primeiro encontro da liga ante La Vila. O próximo encontro enfrontará ao equipo vigués en Marcosende co Gernika.