DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Do 26 ao 30 de novembro

JAI 2007 adquire dimensión internacional na súa terceira edición

Xornadas sobre as novidades na Automatización Industrial

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
Romina Vázquez DUVI 07/11/2007

A novidade desta edición reside na participación de relatores internacionais procedentes da universidade alemana Des Saarlandes e do Centro Tecnolóxico de Monterrei, co cal “o Jai exténdese en ambas direccións” tal como declarou o José Ignacio Armesto, profesor adscrito ó departamento de Enxeñería de Sitemas e Automoción. Foi el o encargado de presentar por medio dunha rolda de prensa virtual a terceira edición das xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, que terán lugar do 26 ao 30 de novembro no auditorio do Centro Social Caixanova.

Relatorios de alto nivel

As xornadas, organizadas pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros, contan coa participación de recoñecidas empresas que darán a coñecer as tecnoloxías, solucións e tendencias no ámbito da automatización e enxeñaría de procesos industriais, servindo como un escaparate para as pemes, que vén nestes procesos un recurso estratéxico para aumentar a súa competitividade ante a produción dos países estranxeiros, posto que “hoxe en día é case ineludible ter que aplicar a automatización industrial en calquera empresa” segundo palabras de Armesto. Con este obxectivo, o JAI presenta este ano relatorios de membros de Siemens, Scheneider Electric, Microsoft, Imatia, Fanuc Robotics, Rexroth ou National Instruments entre outros moitos, alcanzando así repercusión a nivel nacional. En vista do elenco de empresas participantes está previsto un acto de clausura na mesma liña, contando coa presenza do Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director do IGAPE, Antonio Delgado.

Público obxectivo

Estas xornadas diríxense a investigadores, profesores e alumnos das distintas universidades, docentes e estudantes de formación profesional e empresas do sector, aspirando este ano a alcanzar a paridade entre público procedente do mundo profesional e do ámbito académico.