DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Co Día da Oralidade

Este mércores comeza a Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Cultura
DUVI 06/11/2007
DUVI | Pontevedra
Con obradoiros de olaría, regueifas, forxa e ourivaría, comeza este mércores na Praza da Ferreiría a Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. O certame que se prolongará ata o domingo é unha iniciativa do Proxecto Ronsel, en colaboración coa Asociación "Ponte...nas Ondas" e a Asociación de Gaiteiros Galegos, coa finalidade de reflectir a diversidade do patrimonio inmaterial.

Inicio co Día da Oralidade

As actividades do Día da Oralidade, continuarán o mércores pola tarde con conferencias sobre a Vida e Fala dun afiador ambulante, a Descuberta e partilha dum patrimonio común e a proxección do documental Ainda há pastores?. Todas as actividades da mostra terán lugar nunha gran carpa central que se instalará na Praza da Ferrería a redor da que se localizarán outras máis pequenas onde os visitantes poderán disfrutar de degustacións de produtos ecolóxicos como carne ao caldeiro, viño ou pan. Para as noites do venres ao domingo, programáronse diferentes espectáculos musicais como o Festival da Asociación de Gaiteiros Galegos, no que se darán cita algún dos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ou a VI Mostra da Oralidade Galego Portuguesa, organizada pola asociación “Ponte...nas ondas”.