DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Caeron 74-61 ante o Básquet Coruña

Nova derrota do Campus Universitario

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 19/11/2007

Unha vez máis o Campus Universitario non foi quen de acadar a victoria no encontro da fin de semana . Como xa prognosticaba o adestrador o encontro foi difícil e caeron 74-61 ante o Básquet Coruña fóra da casa.
Os de Xulio González,  pese ás baixas, comezaron ben o partido, xogando ao contraataque e conseguindo chegar ao descanso cunha vantaxe de 4 puntos.
Na segunda metade e en palabras do adestrador “as porcentaxes de tiro baixaron moito, o que sumado ao cansazo fixo que empezaramos a encaixar tantos e remataramos perdendo”
Con esta derrota os do Campus colócanse entre os equipos da cola da clasificación, un posto que tentarán mellorar o próximo domingo á tarde en Ourense ante o Óptica Val Obradoiro de Santiago, un rival forte da parte alta da táboa.