Da man do centro de investigación Economics por Energy e o grupo REDE
A ONU elixe Vigo para a reunión dos seus expertos en cambio climático
Na única xuntanza en Europa do IPCC daranse cita 300 científicos internacionais
300 expertos internacionais en cambio climático daranse cita en Vigo no mes de novembro na única reunión en Europa do IPCC, o grupo intergubernamental creado pola ONU para esta temática. A xuntanza converterá a cidade no epicentro do debate sobre o futuro climático do planeta. O reitor, Salustiano Mato, destaca a importancia deste tipo de eventos para “posicionar á institución, a Vigo, a Galicia e a España internacionalmente” e cualificou como unha “gran noticia” a elección da cidade olívica, “que se converterá nun lugar de referencia no que tratar temas de gran transcendencia mundial”. O centro de investigación Economics for Energy e a Universidade de Vigo, a través do grupo REDE, colaboran na organización deste encontro, que conta tamén co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
O IPCC, Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático, é un organismo do que forman parte expertos de todo o mundo e de diversos eidos do coñecemento xunto con gobernos de 195 países. A súa finalidade é a elaboración dun informe cada 6 anos con base nas investigacións científicas, técnicas e socioeconómicas desenvoltas por miles de expertos de todo o mundo. O traballo divídese en tres grupos, un centrado nos aspectos científicos, outro avalía a vulnerabilidade dos sistemas socioeconómicos e naturais ao cambio climático, e o terceiro ocúpase das emisións de gases de efecto invernadoiro e os seus efectos, grupo do que é autor principal o catedrático da Universidade de Vigo Xavier Labandeira.
En Vigo sentaranse as bases para as achegas do grupo III ao quinto informe tendo en conta o papel de todos os sectores económicos implicados nas emisións e gases de efecto invernadoiro, dende a enerxía, o transporte e a construción ata a industria, a agricultura e o forestal. O documento que se presente en 2014 fará especial fincapé na análise dos aspectos socioeconómicos do cambio climático e as súas implicacións no desenvolvemento sostible e a xestión de riscos, prestando especial atención ao enfoque rexional. Para Labandeira “esta será unha información moi útil para a negociación climática de finais deste decenio”.
O director do grupo REDE, Alberto Gago, subliñou a magnitude dun evento deste tipo, con 300 asistentes, que obrigou a dispoñer “dúas sedes na cidade de Vigo, a Fundación Barrié de la Maza e o Centro Social Novacaixagalicia”, xa que os investigadores traballarán intensamente e divididos en grupos en 16 salas, tantas como capítulos terá o texto, unha capacidade da que a Universidade non pode dispoñer durante sete días en período lectivo.
O IPCC, Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático, é un organismo do que forman parte expertos de todo o mundo e de diversos eidos do coñecemento xunto con gobernos de 195 países. A súa finalidade é a elaboración dun informe cada 6 anos con base nas investigacións científicas, técnicas e socioeconómicas desenvoltas por miles de expertos de todo o mundo. O traballo divídese en tres grupos, un centrado nos aspectos científicos, outro avalía a vulnerabilidade dos sistemas socioeconómicos e naturais ao cambio climático, e o terceiro ocúpase das emisións de gases de efecto invernadoiro e os seus efectos, grupo do que é autor principal o catedrático da Universidade de Vigo Xavier Labandeira.
O quinto informe, en 2014
O próximo informe do IPCC será presentado en 2014 e nel levan traballando os investigadores dende 2009. A Vigo acudirán 300 membros grupo III, centrado en mitigar o cambio climático mediante a limitación das emisións de gases á atmosfera. Para eles será a terceira e penúltima xuntanza deste ciclo, despois das de Corea do Sur e Nova Celandia. Segundo explica Labandeira, trátase dun grupo interdisciplinar, formado especialmente por expertos do campo das ciencias sociais e da tecnoloxía. A xuntanza arrancará o 5 de novembro e estenderase ata o 9, aínda que previamente, os días 3 e 4 ,terá lugar tamén na cidade unha reunión de expertos para tratar sobre os escenarios futuros do cambio climático.En Vigo sentaranse as bases para as achegas do grupo III ao quinto informe tendo en conta o papel de todos os sectores económicos implicados nas emisións e gases de efecto invernadoiro, dende a enerxía, o transporte e a construción ata a industria, a agricultura e o forestal. O documento que se presente en 2014 fará especial fincapé na análise dos aspectos socioeconómicos do cambio climático e as súas implicacións no desenvolvemento sostible e a xestión de riscos, prestando especial atención ao enfoque rexional. Para Labandeira “esta será unha información moi útil para a negociación climática de finais deste decenio”.