DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nun seminario organizado polo MEC

Presentadas as principais propostas españolas para a construción do Espazo Europeo de Investigación (ERA)

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
DUVI 30/10/2007
Mª del Carmen Echevarría | Vigo
As principais propostas españolas para a construción do Espazo Europeo de Investigación (ERA), foron presentadas este martes no transcurso dun seminario organizado pola Oficina Europea do Ministerio de Educación e Ciencia, titulado “España en el futuro Espacio Europeo de Investigación”.
No seminario, celebrado en Madrid, déronse a coñecer as principais conclusión dos seis grupos de traballo que deste hai meses analizan os retos pendentes para lograr que a Unión Europea forme un espazo de investigación común.

Retos pendentes

A conciliación dos sistemas de Seguridade Social, especialmente en asuntos relacionados co dereito ao subsidio de desemprego e a pensións, é, segundo revela un dos informes presentados, un dos principais escollos para a mobilidade dos investigadores españois entre países da UE. Para superar este problema, España propón o establecemento de regras comúns en toda a Unión Europea para a adquisición, preservación e transferencia de dereitos en relación coa Seguridade Social.
Pero non é este o único problema que afronta os investigadores que tamén precisan, segundo informe, da adecuación dos seus traballos ás necesidades reais da sociedade, así como lograr unha maior presenza nos medios de comunicación.
No caso das mulleres, para garantir o seu acceso á carreira investigadora, proponse adiantar a idade de acceso a un emprego estable e a idade de inicio de estadías posdoctorais, de xeito que se produzan antes do momento de crear unha familia.

Actuacións políticas

Tanto o secretario de Estado de Universidades, Miguel Angel Quintanilla, como o secretario xeral de Política Científica y Tecnológica, Francisco Marcellán, coincidiron no transcurso do seminario na necesidade de abrir os programas de investigación españois á participación doutros países europeos.
Quintanilla incidiu na necesidade de mellorar a difusión do Libro Verde del ERA en España, mentres que Marcellán anunciou que o noso país acometerá, xunto a outros países, un estudo do impacto do VI Programa Marco no noso sistema de investigación público. O secretario xeral de Política Científica y Tecnológica, tamén pediu o aumento da transferencia de coñecementos entre a investigación pública e a industria, e especialmente, , a mellora das interaccións entre os centros de investigación e as pemes.