A iniciativa pretende salientar o patrimonio histórico e natural de Ourense
As rutas culturais rematan 2010 cun percorrido por San Pedro de Rocas e un magosto
Participan preto de 100 persoas da comunidade universitaria e de fóra dela
O programa de rutas culturais por Ourense que organiza o Servizo de Deportes remata o 2010 o vindeiro 11 de decembro cun percorrido por San Pedro de Rocas. Ao remate do itinerario os participantes, entre 85 e 100, celebrarán un magosto, con chourizos, castañas e todo o necesario para esta típica festa ourensá.
A ruta, de 17 quilómetros, seguirá o percorrido Ourense-Pereiro de Aguiar- Río Lonia-Castro-Covas- Mosteiro de San Pedro de Rocas. O magosto de peche será na área recreativa de Loñoa. Como o obxectivo da iniciativa é descubrir aos participantes a contorna histórica e natural de Ourense, ademais de camiñar os asistentes contarán ao longo do traxecto coas explicacións de dous licenciados en Historia e Turismo, que lles irán amosando a riqueza dos lugares que visitan.
A iniciativa está especialmente dirixida á comunidade universitaria dos tres campus da Universidade de Vigo pero tamén está aberta á participación de xente de fóra. O seu coordinador, José García-Calvo, Willy, salienta a importancia de que neste tipo de propostas “a universidade estea aberta á sociedade, aínda que lle dea prioridade á comunidade universitaria”.
Os organizadores intentan implicar de xeito especial nos roteiros culturais aos membros da comunidade universitaria que veñen de fóra de Ourense e de Galicia, facendo especial fincapé nos Erasmus, porque “as rutas son unha ferramenta excelente para ensinar a provincia ás persoas que non a coñecen”, salienta Pivida.
O prezo varía en función de se trata de membros da comunidade universitaria ou non e do número de percorridos que se queiran facer pero para pór un exemplo un itinerario costa 8 euros a unha persoa da comunidade universitaria e 13 euros aos de fóra. O equipo necesario: comida, bebida e por precaución unha mochila co imprescindible para unha marcha, como un chuvasqueiro, un paraugas, unha navalla, unha cantimplora, unha muda de reposto e sobre todo moitas gañas de gozar da natureza e a cultura facendo deporte.
A ruta, de 17 quilómetros, seguirá o percorrido Ourense-Pereiro de Aguiar- Río Lonia-Castro-Covas- Mosteiro de San Pedro de Rocas. O magosto de peche será na área recreativa de Loñoa. Como o obxectivo da iniciativa é descubrir aos participantes a contorna histórica e natural de Ourense, ademais de camiñar os asistentes contarán ao longo do traxecto coas explicacións de dous licenciados en Historia e Turismo, que lles irán amosando a riqueza dos lugares que visitan.
A iniciativa está especialmente dirixida á comunidade universitaria dos tres campus da Universidade de Vigo pero tamén está aberta á participación de xente de fóra. O seu coordinador, José García-Calvo, Willy, salienta a importancia de que neste tipo de propostas “a universidade estea aberta á sociedade, aínda que lle dea prioridade á comunidade universitaria”.
Facendo grupo
Deste xeito arredor do 60% dos participantes son estudantes, profesores ou PAS da Universidade de Vigo e o 40% son de fóra. O perfil medio é de 35 anos, máis alto no caso das persoas alleas á universidade, onde a media supera os 50 anos. Como cada tres percorridos se lles dá ao alumnado un crédito de libre configuración e como neste tipo de actividades de ocio a xente se relaciona moito, ao final “vanse creando grupiños que repiten en diferentes rutas e hai moi bo ambiente”, segundo explica o técnico do Servizo de Deportes do campus Rodrigo Alberte Pivida.Os organizadores intentan implicar de xeito especial nos roteiros culturais aos membros da comunidade universitaria que veñen de fóra de Ourense e de Galicia, facendo especial fincapé nos Erasmus, porque “as rutas son unha ferramenta excelente para ensinar a provincia ás persoas que non a coñecen”, salienta Pivida.
Máis itinerarios para 2011
Anteriormente e desde finais de outubro xa se realizaron a Ruta das Termas, a Ruta de San Rosendo e a Ruta de Penama. Para o ano 2011 están previstas outros seis percorridos, que levarán aos participantes desde Barbantiño ata a zona do Ribeiro ou o Mosteiro de Montederramo.O prezo varía en función de se trata de membros da comunidade universitaria ou non e do número de percorridos que se queiran facer pero para pór un exemplo un itinerario costa 8 euros a unha persoa da comunidade universitaria e 13 euros aos de fóra. O equipo necesario: comida, bebida e por precaución unha mochila co imprescindible para unha marcha, como un chuvasqueiro, un paraugas, unha navalla, unha cantimplora, unha muda de reposto e sobre todo moitas gañas de gozar da natureza e a cultura facendo deporte.