DUVI

Diario da Universidade de Vigo

98 estudantes do grao celebraron a súa graduación

A sexta promoción de Educación Infantil pecha o seu paso pola Universidade

O acto tivo lugar o venres no edificio Politécnico

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Estudantes
DUVI Ourense 25/06/2018

Na xeira de actos de graduación que se veñen celebrando nas últimas semanas no campus de Ourenes, este venres toucoulle ao alumnado de último curso do Grao en Educación Infantil, da Facultade de Ciencias da Educación. Trátase da sexta promoción deste grao, formada por 98 estudantes. Eles e elas recolleron as súas bandas e diplomas nun acto celebrado no Edificio Politécnico no que non faltaron familiares, amigos e membros da comunidade universitaria. 

O acto de graduación, que contou coa participación de Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, e Mar García, decana da Facultade de Ciencias da Educación, tivo como padriño ao profesor do centro Javier García e como madriña á profesora Isabel Mociño e contou coa actuación de Xosé Constenla e do Coro Universitario Schola Cantorum. “Xa sodes mestras e mestres. Que gran responsabilidade pero que profesión tan fermosa!”, díxolle á nova promoción Mar García. A decana de Ciencias da Educación quixo destacarlle ás futuras e futuros mestres como “só a través da educación podemos conseguir a mellora e a transformación social, formar cidadáns competentes e deixar atrás unha sociedade que ás veces se mostra egoísta, indiferente e deshumanizada”.