DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O ciclo está organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria

O Sonora12 máis local encheu o campus de sons indies

Co directo de Trampoline e La Familia no Teatro Vidal Bolaño

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
DUVI 23/03/2012

Como cada primavera, o Teatro Vidal Bolaño abriu as súas portas aos sons máis independentes no xa tradicional Festival Sonora, que se enmarca na programación da Vicerreitoría de Extensión Universitaria para este segundo cuadrimestre. A aposta deste ano foi máis local ca nunca, dando unha oportunidade a dous grupos da cidade, Trampoline e La Familia, que mesturaron o folk coas tendencias máis indies.

Trampoline son David Tizón, voz e guitarra acústica, e Marcos Rivera, guitarra acústica e eléctrica, banjo, ukelele e voz. O seu proxecto naceu entre Vigo e Bueu no 2010 e xorde de influencias musicais moi variadas que vn do folk americano ao indie pop británico. O resultado é un pop acústico en inglés, suxerente, dinámico e íntimo que este xoves presetnaron no campus universitarios tras gravar o seu primeiro EP, Fog, co que durante o verán de 2011 percorreron algunhas das salas máis representativas da provoincia.

Pola súa banda, La Familia son un cuarteto vigués formado por músicos que traen na mochila a experiencia previa do seu paso por bandas como Igloo, The Blows, Maryland, Circular ou O Trem Fantasma. O primeiro álbum de La Familia, Esto es normal, gravado e producido polo propio grupo, está composto por cancións de autor con sons pop, melodías potentes e arranxos elegantes.