DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Cunha xornada sobre mobilidade e telecomunicacións

A TechBusiness Week chega á Escola de Enxeñaría Informática

Etiquetas
  • Ourense
  • Investigación
DUVI DUVI 06/11/2007

A conectividade rural, o pagamento por móbil ou a situación actual do mercado das comunicacións , serán algúns dos temas que este mércores se aborden na xornada que sobre Mobilidade e Telecomunicacións se desenvolverá na Escola de Enxeñaría Informática. A xornada forma parte das actividades da Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios, TechBusiness Week, promovida pola Fundación Sabiria e organizada polo Foro e-Gallaecia coa finalidade de desenvolver a Sociedade da Información.
A xornada comezará coa intervención do director de A Estrada Dixital, Carlos Andújar, que falará sobre Implementación dun proxecto real de conectividade rural. Javier Díaz Martín, director de desenvolvemento de negocio de Mobipay, será o seguinte en intervir, cun relatorio sobre O pagamento por móbil, situación actual e tendencias. A xornada completarase coas conferencias que Francisco Vallejo, responsable de desenvolvemento de negocio de Vodafone España e Iñigo Helguera, director do departamento de Estudios, Estatísticas e Recursos Documentais da Comisión do Mercado das Telecomunicacións, ofercerán sobre A mobilidade total como estratexia de empresa e Situación actual do mercado das telecomunicacións.
A xornada que será inaugurada polo presidente do foro e- Gallaecia, Marcelo Castelo o o director da Escola de Enxeñaría Informática, Enrique Barreiro, finalizará cun coloquio.

Quinta edición da TechBussiness Week

O que está considerado, cualitativamente, polos profesionais das TIC, como o encontro máis importante da Península Ibérica aspira a seguir sendo nesta edición unha referencia para a actualización dos coñecementos dos tecnólogos ao tempo que promove o acceso á Socieda
No primeiro ano que a Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios ábrese ás universidades de Vigo e da Coruña, os campus de Ourense e Vigo acollen cadansúa xornada sobre mobilidade e telecomunicacións.

 

Máis información.