DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Universidade de Vigo de Rugby busca na casa a súa primeira vitoria

Enfróntase o domingo ao Hernani

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
M. Del Río DUVI 19/10/2007

O equipo adestrado por Aníbal Babini busca este domingo ante o Hernani a súa primeira vitoria desta liga 2007-2008. Despois de estrearse con derrota en Durango a pasada semana, este domingo na casa ante os seus seareiros tentaran impoñer ao equipo vasco, un dos históricos do rugby nacional.
Para este encontro, que se disputará ás 12 da mañá no campus vigués, o Universidade de Vigo de rugby conta xa cos dianteiros Santiago Amorín e Antonio García, recuperados das lesións sufridas nos partidos coa selección galega no mes de setembro. Con todo, aínda quedan xogadores sen estar en plenas condicións, como é o caso de José María Fernández. Pero, aínda con lesións e cun equipo ateigado de novidades, os vigueses deben sobreporse para enfrontarse ao Hernani, que conta cun xogo de dianteira moi duro e un importante labor de canteira que, nos últimos anos, lles aportou varios campións de España en categorías infereriores. No seu palmarés contan con catro sub-campionatos de liga anos atrás.
O encontro estará dirixido polo colexiado madrileño Fernández Soria.