DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No I Encontro de Programas para Maiores

Universitarios senior de toda Galicia compartiron experiencias na fin de semana

Etiquetas
  • Ourense
  • Académica
DUVI 12/11/2007
DUVI | Ourense
Case trescentas persoas, entre docentes, alumnos e xestores, participaron esta fin de semana en Ourense no I Encontro de Pogramas Universitarios para Maiores , organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con Vicepresidencia da Xunta. Na inauguración o Reitor, Alberto Gago, destacou " a importancia deste tipo de citas nas que os presentes comparten ilusión e ganas de aprender". Xunto ao Reitor da Universidade de Vigo, o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, representantes das tres universidades galegas, presidiron a inauguración que se desenvolveu no edificio politécnico.

Intensa xornada de traballo e lecer

Despois do discurso inaugural a cargo de Ramón Villares e no que o presidente do Consello da Cultura falou de Emigración e identidade, desenvolveuse unha asamblea de estudantes na que se abordaron cuestión relativas ao presente e futuro dos programas universitarios para maiores.
Tras un xantar de confraternidade e unha visita cultural por Ourense, celebrouse unha presentación de comunicacións coa se puxo fin ao encontro no que docentes, estudantes e xestores compartiron protagonismo na análise das cuestións que máis lles afectan no que se refire o desenvolvemento dos programas universitarios.