Reuniuse cos vicerreitores Natalia Caparrini e José Luis Míguez e a xerente da Fundación UVigo
Visita ao campus da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este martes o campus de Vigo para manter un encontro de traballo cos vicerreitores Natalia Caparrini, de Estudantado e Empregabilidade, e José Luis Míguez, de Planificación e Sostibilidade, xunto coa xerenta da Fundación Universidade de Vigo, Magoya Méndez. Durante a xuntanza tiveron a oportunidade de tratar diferentes asuntos de interese para ambas institucións e explorar novas vías de colaboración.