
#eusonmuveresponsable
Para manter un estilo de vida saudable, síguenos nas nosas redes sociais
Actualidade MuVer
Avistar Muvers non é fácil porque sempre se están movendo. Igual son de campo que de praia, de montañas que de covas, de flora que de fauna… Por sorte, teñen un trazo súper identificable: exercitarse ao aire libre con responsabilidade respectando a xente e o medio. O deporte o primeiro, pero con coñecemento. Conforme ás normas, seguindo de memoria as normas de seguridade. Unha especie autóctona dos campus galegos e agora tamén dos nosos barrios, das nosas aldeas e das nosas cidades.
Novidades
Actividades deportivas do A ao Z enchen os programas deseñados para o benestar e a diversión: adestramento personalizado, chan pélvico, esquí, fitness, ioga, parapente, balsismo, rutas culturais, rutas en kaiak, surf, tenis, vela, xadrez, zumba... Para os amantes do deporte de competición están as ligas e os torneos internos, o deporte federado, os campionatos galegos universitarios, os xogos deportivos galaico-durienses, os campionatos de España Universitarios e tamén as instalacións abertas á competición lúdica e informal.
Ver actividades e competicións

Instalacións e abonos
En cada un dos nosos campus podes atopar espazos deportivos para desenvolver a actividade física que máis che gusta: fitness, natación, tenis, baloncesto, xadrez, tenis de mesa... Ademais, a universidade conta cun amplo abano de centros deportivos colaboradores.

HappyGoRunning
A Área de Benestar, Saúde e Deporte organiza ao remate do mes de abril a súa peculiar carreira destinada aos corredores e ás corredoras populares: a HappyGoRunning – Cidade Universitaria, un evento desenvolvido ao redor do complexo universitario vigués. Se che gusta camiñar, podes participar nunha andaina que ten tamén a súa saída e a súa chegada no campus universitario.