Ser mUVer compensa
A continuación contámosche de que beneficios poderás gozar se te convertes en mUVer
Representa a Universidade de Vigo
Como estudante da UVigo tes a posibilidade de representar a universidade de varias maneiras. Participa na sección deportiva federada, xoga nas competicións interuniversitarias ou consulta as entidades coas que temos acordo de colaboración.
Créditos pola práctica deportiva
Na Universidade de Vigo consideramos que a práctica deportiva é esencial para complementar a túa formación. Ofrecemos unha variedade de actividades, escolas deportivas e rutas culturais que poderás validar por horas ETCS. Se prefires a competitividade, a participación en competicións federadas ou interuniversitarias tamén pode ser validada.
Dereitos para deportistas de elite
Se es deportista de elite e compites no ámbito nacional, na máxima categoría da túa modalidade ou nunha similar, podes apuntarte ao noso rexistro de deportistas de elite para ter unha serie de dereitos que facilitarán a conciliación dos teus estudos coa túa práctica deportiva.
Entre estes dereitos están:
- Elección do horario para compatibilizalo coa práctica deportiva.
- Xustificación de faltas por adestramentos ou competicións.
- Recoñecemento de ata 6 créditos ECTS.
- E moito máis!
Suxestións e preguntas
Na Área de Benestar, Saúde e Deporte estamos agardando as túas propostas e suxestións. Existen varios medios polos que podes participar na Área e facer que pertenza un pouco máis ao corpo de estudantes.
A Universidade de Vigo dispón dunha caixa de suxestións onde se pode introducir calquera suxestión, queixa ou pregunta que se considere necesaria.
- Colabora con nós
Outra maneira de participar na área é mediante algúns dos programas a disposición dos alumnos. Por exemplo, ofrecemos a posibilidade de ser dinamizador/a de centro ata un máximo de 30 horas por curso académico, colaborador/a de eventos deportivos e máis! Podes consultar as ofertas e inscribirte no seguinte ligazón.
- O teu taboleiro de eventos
Tes á túa disposición un taboleiro onde podes publicar calquera actividade relacionada co deporte que esteas organizando ou consultar as actividades publicadas por outros estudantes ou grupos. Accede xa e apúntate!
Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:
Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal
Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal