O proxecto HortiHouse, ideado polos estudantes María Cabrero e Jesús Valverde, acaba de facerse co segundo premio nacional do HackForGood. Neste hackathón, organizado pola rede de cátedras Telefónica, participaron estudantes de 26 universidades de toda España na procura de solucións tecnolóxicas innovadoras que desen resposta a máis dun cento de retos sociais propostos por ONG, fundacións, institucións e universidades, con fin último de traballar por un mundo mellor.
19/01/2023