Nun escenario de progresivo incremento da poboación mundial, investigadores e investigadoras de universidades e institucións científicas de EEUU, España, Australia, Xapón, Islandia, Filipinas e Reino Unido sinalan, nun artigo publicado hoxe en Nature, que aínda que o cambio climático porá a proba a capacidade dos océanos de satisfacer a crecente demanda de alimentos, a produción destes podería incrementarse a través dunha acción rápida e ambiciosa para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, ademais de reformando a pesca de captura e expandindo a maricultura (acuicultura mariña) sostible.
27/04/2022